XOSÉ MARIA DÍAZ CASTRO
NIMBOS
______________
Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,
das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na miña vida en lumes se enxeriron,
eu deixo eiqui os nimbos, como cinza,
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgùn soño.
TERRA SUCADA
_________________________
¡Terra sucada, poema
de cen versos na outonía¡.
Orballa na cal, no escuro
camiño da tantas vidas.....
Ferve o grau, pulo enterrado
da espranza, nena dormida.
¡Terra do ceo arrincada¡
Chora a terra desterrada,
terra arada, nai perdida.
POLPA DORIDA
_____________________
¡Ei, Terra Verde e Mar de Orballo,
polpa dorida se as hai¡
¡Äs túas portas perdin todo
cheiro alleo de terra ou mar
e agora, ó caer no teu colo,
oio pacer e canto hai¡.
Xosé MAria Diaz Castro, -Guititiz 1914-Lugo 1979. Poemas do séu único libro Nimbos, publicado no ano 1961, ven exercendo unha notoria influencia sobre as promociòns liricas de poetas de nosa terra, desde enton.
Comentarios