LUZ PICHEL
CASA PECHADA.....
Subín á Figueira
Subín á figueira
antes de deixar definitivamente a casa.
Xa non habia alí nin figos, nin merlos,
nin espantallos,
nin tarabelas.
Soa eu, na cima da árbore,
a cabeza saíndo por riba das follas
mirando aos arredores a ver que via.
Perdeuse un malvis,
metéuseme entre o pelo
e parou un pouco.
Despois, asubiou algo e fuxiu.
Quedei ali no alto, acurrunchada,
bastante tempo
contemplando as cousas;
Quen lle botou veleno á hedra que abrazaba un poste?
Quen lle rachou a lona á hamaca baleira do papá?
Comentarios