XOSE VAZQUEZ PINTOR-
POSTER ÍNTIMO (ás miñas tribos de Quián e de Melide)
Galicia é
Un mundo soio
Sete cans ladrando ao vento
Un croio
Un cemiterio do tempo
Un pedrón
O paricio dun meigallo
Un pranto e un espantallo
Pro a do canto non.
Galicia é
un pé
que tripa xeo
Un pobo ao rego
unha gaita e un fol
un xenio mol...
O demo bebeu no corgo
e Deus mirouno beber
¡que pracer
que desacordo¡
Entón o demo carpantouse
De rias e de paisaxes.
Deus lembrouse
dos aldraxes
e puxo no ceo unha estrela
pra que alumanse a gamela
do pobre traballador
E o demo dixo:"Señor,
que a súa mau responda".
E a Terra foi un prado
Verde pro malpocado.
E as rias
marabillas
E a choiva
unha noiva.
E Compostela
unha estrela.
E os homes
os pronomes.
Naquela lúa de remo e de arado
ficabas na solaina matinando
cara ao azul e ao verde
homildosa, e triste,
coma sempre
Nai:
Naciche no solpor dunha marea
atafegada de sal no hourizonte.
Eres filla do mar. Na túa fronte
bicoute esa onda que percorre a area.
Braceira que te esgotas cara a aldea
lembrando adeuses fixos naquel onte.
Cos teus ollos que fitan dende o monte
xungues terra e mar, mar e terra allea.
Quen te mirou sorri non che perdoa
o bico dos teus labres pola praia
naquel srán de sol bacarribeira.
O tempo agarda e murcha a túa coroa
mentres o a ar che cingue o van da saia
¡Ouh filla, cotián e mariñeira¡
Carme do toxo famelgo no monte
e os ollos cansos da vaca pequena
ti rapaza que nunca foches nena
bebendo sudes no fondal da fonte.
Atadeira nas ceifas dun antronte
a vida mesma amósache a condena.
Ergueita segues na rriscada pena
ollando a Terra máis alá da ponte.
Como un nai de fillos margurados
estás envolta munha saba vella
xunguida ao carro que percorre o chan.
E vas cos teus desexos emigrados
por unha triste e lòbrega canella
onde fan bàgoas pra amasar o pan.
(Do libro "Terra e pan". Pontevedra 1975, ultimo poema da triloxia muller galega.Vou permitirme, e teño permiso de Pintor, adicarlo con todo meu amor, as mulleres, todas esas, mulleres, compañeiras, nais, esposas, amantes, duras mulleres, sensibles mulleres, fermosas mulleres, mulleres únicas que camiñan a noso caron, preto de nos, con nos, un dia e outro, e que cando faltan deixanos na mais profunda da soidade,a maís negra das tristuras........ A miña, as nosas, as de todos . A MULLER).
Comentarios