sábado, 19 de mayo de 2007

LOIS DIEGUEZ



BUSCANDO A PRIMAVERA





Cun sorriso azul


de paxaros tenros


cunha ledicia nova


de menceres brancos


e tépedos,


dixolle:


"chegou a primavera"


Fichou calado,


Tripou as erbas


do vento mol,


desfollou a fror


da sua ollada repetida,


camiñou cara o solpor


de avelaiñas violetas


e respostou entebrecido:


"¿onde está a primavera?".





(Lois Dieguez. "Vellas Inquedanzas-do libro de poemas Ferro dos Dias. Ed. Xistral 1982.)




II
A FALA

Perderte é ficar mudos,
matar a conciencia popular,
esmorecer,
esvairse nunha Terra
sen froito e sen ledicia,
aguniar no tempo conquistado,
entregar o futuro ao nemigo.
Nen pistolas nen leis
poderán contra ti.
Sulagaremos as illas
onde te queren gardar.
Derrubaremos os museos
que están a construir
para ti.

(Dos poemas "A luz e a Terra").
Publicar un comentario