BALDO RAMOS
Escribo para non darlles a razón ós que me ignoran.
Escribo para non sentir que estou acompañado.
Escribo para andar os pasos
dos que leron nos seus versos.
Escribo para renunciar a vivir
como os que viven sen renunciar
ó que non pretenden.
Escribo para non ter desculpa no xuizo final
se é que hai un final e nos enxuizan daquela.
Escribo para lembrarme
dos que xa non poden lembrase de nós
porque alguén lle impide
atopar palabras coas que calar para sempre.
Escribo para atopar esas palabras que nos alivien.
Escribo, en fin, para entenderme
cos que están lonxe de nós
coma deles mesmos.
II.
A memoria será ó final
un lugar no que atoparse.
III.
Roubáchesme as palabras
coas que poder dar razón do meu silencio.
Negáchesme a man
que noutro tempo me ofrecera
a imposible resignación de procurarte.
Fixeches do tempo
unha gramática da renuncia,
un lugar no que agochar as palabras máis ferintes.
Non importa que esteas lonxe
e que medre na nostalxia
a semente do esquecemento.
Tampouco agroma o froito
sen que podreza antes a flor
que o fertiliza.
Nin importa que a mudez desta distancia
nos impida desandar
o camiño que as palabras nos negaron.
(Baldo Ramos-Celanova 1971- Poeta e artista plástico, a súa obra indaga nos espazos que comparten a poesia é a pintura. Signos de Cinza, As Follas da memoria, Frontera Sur, son os seus signos de autor , froito desta fusion.
A súa obra poetica, recollese nos libros A árbore da cegueira, Os ollos das palabras, e´El Sueño del murcielago, Ed. Pretextos 2003.)
Comentarios