EMMA COUCEIRO
E cal será a cor do lixo na miña pel-
___________________________
E cál será a cor do lixo na miña pel, na miña pel eiruga que sempre se despose.
E cánto resta de min para un poema, cánto
para cerrar os ollos sobre o desperdicio de outros.
Quen sabe de min
sabe das miñas mans aferradas,
das miñas orfas e dúas que buscan,
sabe
de estas eivas e soas que calan
sabe
que asi é como abren.
Abren ou tenden esta mina de louza,
este xogo de trizas onde non son quen.
Pero soteño o mundo desexando
isto que sobra,
esta morea de outros
onde me inclino.
E cánto de min para ser dito, cánto
se atesouro vidro e peso este peso de anos contados,
cánto de min para falar dun prezo
e cánto máis de min para levar á casa.
(Porque eu, viuva do meu pai, non saberia mirarvos).
Emma Couceiro, Chairega de nacemento, Cospeito 1977. O séu ultimo libro de poemas,"Cito", ediciones Xerais de Galicia, e unha obra maestra de sensibilidade, e unha ollada diferente, as cosas de cada dia; A Terra, a familia, os recordos vencidos, os lugares perdidos, e añorados, as pedras sen historia, a de cada un de nos...a dela, a de todos.
Comentarios