martes, 1 de mayo de 2007

MARUXA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ


Lembranzas e Pantasias.
I.
Fermoso Linguaxe
Ficábamos sempre ollando ún pró outro, ¡ e cánto nos dixemos somentos cos ollos ¡
Fermoso linguaxe falar sin parolas....
E anque as nosas miradas non chegaron a ser máis que eso: miradas e soños...¡qué locuaz e qué intima pode ser a conversa dos ollos ¡.
II.
Nada
Qué apacibre é o desgranar das horas nese doce pracer de non pensar en nada.
Qué pracenteiro é mirar cos ollos pechos ao fondo da nosa alma, e ver nela sin ver.
E qué agradabre e armonioso é, cantar sin voz e sin palabras.....
III.
A Partida
A despedida chegóu; apretas, bicos, adéuses....a soedade despóis.
Xa partimos.. Xa se pon en marcha o tren. Eu quixera escribir o que sinto ao partir, pero non sei.
Síntome soia e valdeira e non quixera pensar nin sentir pena, pero levo a màgoa loitando dentro da alma.
Teño que afogarme nela e sorrir.....Sorrir inda que sexa moi tristeiro deixar aos seres queridos, deixar os gratos lugares onde me sentin feliz, ¡ tan feliz ¡....que todos eles aprisoar nas mans quixera pra non soltalos xamáis.
Pero teño que alonxarme e deixalos quedar.
O tren corre...corre...corre...e todo se queda atrás.
(Lembranzas e Pantasias, foi e meu primeiro libro leido en galego, fai xa trinta anos.
Non puiden atopar mais sobre MARUXA FERNANDEZ FERNANDEZ, a autora, so sei que naceu en Monforte de Lemos, e que o academico Jose Trapero Pardo, fixo o limiar do libro, publicado no ano 1974, por Edicions Castrelos. Podese decatar un, que o linguaxe, non é o academista de hoxe en dia, pero ainda asi ......o libro todo é un poema, de lembranzas, agarimosas, santasias, e sonos de nena que non quere deixar de ser o que foi, pero que xa non a de volter ser. Para min ten un dobre significado, o principio do que despois chegou, e o fin do que fun ata enton.)
Publicar un comentario