XOHANA TORRES

Estación ao mar

Sempre baixaba pola Plaza Vella
onde nenos xogaban a moedas
no mercado dos peixes.
O recalmón callaba polas mesas
un bafo insoportable, das agallas
que arrincaba de cedo as vendedoras.
Ao lonxe, o mar màis bo,
as hèlices grisallas do Estaleiro,
portalóns do Arsenal, altos, escuros
gastados pola chuvia.
As aves sempre
coma unha independente caravana
desvirtuando o vóo...
ah, don tremendo de bater ao aire.
Infancia, pasos meus, irrevocable sombra
é todo o que me queda da túa noite.
Praderio do tempo, campo ileso,
gozar de maio para as miñas pombas:
¡como delega a vida esa dozura
que abrigaba na porta có teu nome¡
Sen matinar ainda que eternos non serian
cantares de alta gorxas
a quencernos un pouco coma apertas pequenas.
Sen saber nada ainda das dúas bandas
que dividen, perdidamente, aos homes,
se dous algunha vez se recoñecen.
Pois conxúaranos un ebrio testamento de anos,
un esqueleto ao mar, que non devolve
nin tan xiquera florecido un óso.
¿Non o sabiades?
Nada é ise acougo transitorio, de beira:
O mar perto da area, que xa é mesmo
que decir a Morte.



Xohana Torres, dase a coñecer, co séu libro de poemas Do sulco, no ano 1957, A promesa que naqueles versos, os lectores, o publico en xeral atoparon, viuse cumprida con creces co paso dos anos. Hoxe Xohana Torres, é unha das poetisas xa consagradas. Neste poema, do libro Estacion ao mar, amosanos acrecentados os valores de sempre, pensamentos, reflexions, finura estilistatica e dominio das verbas, que fluen cunha elegancia sincela.
Estaciòn ao mar, non fai senón confirnar a verdade dos recordos no tempo, sempre vivo foi publicado por Ed.Dombate en Maio do 1980.

Comentarios

Entradas populares